top of page

Os montañeses farturentos

  • amesdesdealagoa
  • 9 ene 2016
  • 2 Min. de lectura

Fotos: Tapia e Seárez, Ames, A Coruña. 1.- A aldea de a Mamoa 2.- Mamoa, Seárez de Arriba e Seárez de Abaixo 3.- Frenza e Vilouta 4.-Outra de terras de labradío, na mesma zona.

Querendo seguir na convicción de que a influencia de Amaía continuou influíndo na obra de Rosalía; traio hoxe pequenas historias de Ames que xa eran populares, cando ela, en Ortoño, se crióu. Dicíamos que se facía eco de chamarlle montañeses aos do norte do Concello de Ames, cando escribía o da pobre que subía a Costa do Mar de Ovellas cun ollo posto na chan e outro onde as casas fumean; que ela lle chamaba as casas dos montañeses farturentos.


O certo é que Rosalía, na súa expresión, foi moi benévola, porque, realmente, a frase que utilizaban os de Ortoño, Bugallido, Biduído, incluso os de Covas e a parte baixa de Santo Tomé, era "os da montaña", nun sentido de máis rústicos, aos de Tapia e Seárez. É aínda a mediados do século pasado se teñen escoitado algúnha frase moito máis despectiva "os ricos porcos de Tapia e Seárez".


¿Cal era a razón?. Pois que as cinco aldeas das fotografías eran, daquela, as máis ricas do Concello. Había unha medida que era determinante para consideralas así: "O cupo forzoso do millo da vale".


Nos anos 1939-1950 nos concellos formalizábase un padrón de familias que non lle chegaba o millo que producían para o consumo do ano. Con este montante constituíase un cupo de suministro forzoso a cargo das explotacións que producían máis do que consumían. A asignación facíase na Corporación municipal, basada na declaración voluntaria que facía cada labrador. Se non chegaba aumentábase en proporción as declaracións.


Pois dicíase que máis da metade deste cupo en Ames aportábano os labradores de Tapia e Seárez.

De ahí aquel calificativo. Pero non vos extrañedes que eso aínda pasa hoxe a nivel mundial.


Seguirei contando como funcionaba o sistema.

 
 
 

Comments


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page