top of page

Romaría de San Amaro

  • amesdesdealagoa
  • 15 ene 2016
  • 1 Min. de lectura

Fotos: Romaría do San Amaro de Barouta, Ames, A coruña.

O que sea meu amigo real e verdadeiro ha de vir a verme o 15 de Xaneiro.


E vaia se se cumpríu. Simplemente con cambiar a hora da Misa Grande, coa procesión co Santo, para as 6 da tarde, renaceu a multitude de fieis; que me fixo recordar os meus tempos de rapaz, cando, tal día coma hoxe, concurria de romaría toda a comarca e moitos composteláns, utilizando os autobuses, que non paraban de ir e vir desde a Porta Faxeira ata o Santuario, durante todo o día.


E desta vez si se pode decir que a asisitencia foi por devoción ao Santo, pois outras atraccións (orquestas, bandas de música, nin siquera gaiteiros) non había. Ata as rosquilleiras e postos de venta de churros se parecían a aqueles tempos en animación.


Queremos expresar nas fotos o preciosa que estaba a Capela; as imaxes do Santo; a súa historia e a do emprazamento; e algúnhas instantáneas dos actos celebrados.

E termino con unha cantarea local; posiblemente de cando, hai algúns centos de anos, aínda se facía a romaría de San Macos, que hoxe tamén se fai nesta ermitda o 25 de abril, no Pico do Monte, que leva o seu nome.

- San Marcos está no monte - San Xoan na carballeira - San Amaro en Barouta - San Brais na Ponte Maceira.

 
 
 

Comments


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page