top of page

O Pico de San Marcos

  • amesdesdealagoa
  • 20 ene 2016
  • 2 Min. de lectura

Foto: Amaía vista desde o mirador do Pico de San Marcos. Ames, A Coruña.

San Marcos o monte que sempre tivo algo de misterio para os veciños de Ames.

Na falda do Oeste están a Pedra do Pousadoiro, na que debía sentarse a xente cando, o 25 de abril, subía para a romaría; a Pedra das Berrugas da que había a creencia que lavándoas nas augas das chuvias das súas pequenas pias, curaban de seu; a Burata da Mina, unha gran concavidade, que non cave duda de que na antigüedade foi unha mina de algo. De feito na aldea de Lamas ten aparecido, enterrados, fornos de ladrillo antíguos con escorias dentro.

Na falda do Norte a Pedra do Fuso, arredor da que bailaba o sol a mañanciña de San Xoán, cando salía a galiña cos pitos de ouro, e a xente ía dar as 9 voltas do seu redor para escorrentar as meigas e o mal de ollo.


Realmente este mirador do Pico de San Marcos está enclavado nun antiguo castro sin explorar actualmente, que polos vestixios que se observan tivo que ser importante. Polo oeste, incluso, se nota que estaba doblemente amurallado, xa que se ven os restos das pedras pequenas dos dous muros que o circundaron. Está so o morrillo que rellenaba esta paredes xa que as pedras grandes e aproveitables leváronas os veciños para construir as aldeas que hai hoxe nos arredores.


O mirador está no pico do Sur do castro e no pico do Norte están as ruínas da hermida do Santo. Só se conserva un esquinal do Santuario e a base do pallal onde, é de pensar, que se poñían as rosquilleiras os días de chuvia. Ningún dos vellos cos que eu conectei de neno, tiñan nin a máis remota idea da data en que se abandoou o culto a San Marcos neste Santuario. De todas formas as pedras das paredes dicíase que as levaran veciños de Proupín, Padrón e Carreira para reconstruir as súas casas, incluso a Pedra do Altar era a do balcón da casa de Xan de Mallo en Carreira. Sendo así estas casas son de mediados do século XIX, e, supoño eu, que en 100-150 anos a xente non lle tocou a estas pedras "sagradas". Incluso na comarca dicíase que os donos non tiñan sorte por eso. Con esto quero deducir que o culto debeu de abandoarse a primeiros ou mediados de 1700.


Posteriormente o culto a San Marcos, celébrase o 25 de abril na hermida de San Amaro en Barouta, e sempre foi costume anunciar con bombas e lucería, desde este pico, a festividade, ao medoidía e a noite do día 24 de abril. Eu apostaría que unha das dúas campanas da Capela de San Amaro foi a que se baixou de San Marcos, cando se abandoou o culto alí. Non son habituales dúas campanas nas hermidas.


Esta chanceira do pico do monte, hoxe, é o punto álgido da ruta dos Muiños de Riamontes. Lése en algún sitio que é o punto mais alto de Ames; pero esto non é certo xa que ten 40 metros menos de altura que a Xán do Leñaredo, o monte que está ao seu Norte, por onde pasa a curva de nivel do catastro militar de 380 metros.

 
 
 

Opmerkingen


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page