Os primeiros pinos de Ames
- amesdesdealagoa
- 12 ene 2016
- 2 Min. de lectura

Foto: Factura de compra da araña que aínda hoxe está funcionando na Igrexa de Tapia, Ames, A Coruña.
Esta factura de data 19 de abril de 1908, ilústranos de algo impensable.
A factura en sí non é máis que o que costou a lámpara de refrencia e máis a cadea que a sostén de teito. Está en reaís que era expresión que se utilizaba en todos os negocios daquela (4 reais = 1 peseta. 20 reais = un duro = 5 pesetas.....) así foi ata 1940?
Pero o dato importante é que nos indíca cando empezaron a producirse os pinos na nosa terra de Ames. Sí, sí, os "pinares" que temos hoxe.
A lámpara compróuse cos cartos dos primeiros pinos que se venderon en Tapia, que eran as plantas máis vellas, no paraxe de Chaos da Silva, no monte de a Mamoa. Aínda que o monte estaba xa partido, os veciños acordaron vendelos en común e comprar a araña para Igrexa.
A partires de este dato é moi facil determinar que éstes pinos naceran a metade do século XIX, 1850. Deixémolo en + ou - 10 anos, arriba ou abaixo. Porque sabemos que o pino pináster ou marítmo, que é o nome dos nosos pinos, anda por esas idades de 40-60 anos Pode haber excepcións, pero non en masas enteiras.
Con estes datos creo que podemos fixar a data aproximada da aparición dos piñeirais na Amaía: NOS MEDIADOS DO SÉCULO XIX.
Sabemos que os pinos son unha planta invasora que apareceu en Galicia non antes de o século XVIII.
Contoumo unha veciña de Tapia, que naceu en 1895 e morreo en 1991 con 96 anos.
Comments