top of page

As previsións meteorolóxicas da aldea

  • amesdesdealagoa
  • 18 ene 2016
  • 1 Min. de lectura

Fotos: 3 perspectivas do arco iris.

"Arco da vella ao levante, fálalle aos bois pra diante; arco da vella ao poniente, ceiba os bois e vente."


Non había televisión nin radio nin se leía a prensa. Por tanto, para facer a previsión do tempo, había que valerse dos ditos dos vellos. Este creo que é ben expresivo. Outro era que se ouías as campanas algo lonxanas dunha Igrexa que estivese ao SO donde te encontrabas; xa podía estar bo día, que mañán choiva segura.

Os días que non facía aire, metías o dedo índice na boca, e poñíalo estirado ao ambiente, se enfriaba primeiro o lado Sur do dedo, era moi probable a choiva; se che enfriaba primeiro o do Norte, podías deixalo paraguas na casa.

Tamén en case todas as aldeas había un veciño que tiña boa intuición e fiábanse bastatante dél. En Lamas, a miña aldea, era Benedicto de Antón que cando se recurría a él, tiraba pola gorra para riba dos ollos, miraba para o ceu, facía un aceno cos labios e daba o seu parecer. O certo é que se equivocaba poucas veces.


As fotos son unha primicia de Thaty Silva. Publico as 3 porque a primeira pareceme a máis bonita; a segunda porque se ve en primeiro plano Oca, a aldea rural máis grande de Ames, A coruña (a 2ª construcción, pola dereita, é a Hermida do Corpiño). E a terceira foto porque se ve perfectamente unha das pistas de concentración parcelaria das que está cruzado este monte concentrado e 1992; aínda que non todas están asfaltadas; pero todas as fincas teñen acceso directo a elas.

 
 
 

Kommentare


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page