top of page

O Cupo do millo do Vale

  • amesdesdealagoa
  • 11 ene 2016
  • 2 Min. de lectura

Fotos: O Vale municipal do millo do cupo forzoso; e a Cartilla do Racionamento na aqueles tempos.

Diciamos no anterior traballo que desde 1939 a 1950... confecionábase no Concello un padrón coas familias que non lle chegaba o millo para o ano e con estas deficiencias creábase o "Cupo do millo do Vale" que o cubrían os labradores que tiñan excedentes.


Os primeiros anos, o reparto de este cupo facíao o Concello directamente, primeiro a través do Concelleiro encargado, que expedía os vales, na súa propia casa; e despois os funcionarios directamente nas oficinas. Controlaban semanal ou mensualmente a asignación de cada un. Entregaban o vale o consumidor e éste desplazábase a casa do productor e recollía e pagaba a mercancía ao precio oficial.


Digo os primeiros anos, porque pronto se creou a Comisaría de Abastecementos e Transportes, e a partires de aquí poñían puntos de recollida a donde tiñan que levar os labradores o cupo asignado, e despois repartao a Comisaría; que tamén eran os que regulaban as cartillas de racionamento que tiñan os cupóns para o aceite, chocolate, azucre... que cada familia podía retirar dos comercios cada mes.


O resto funcionaba a través do straperlo, que para que vos deades conta das diferencias dos precios, póñovos un exemplo:

Vedes no vale do millo que o precio oficial do kilo e de 0,90 pesetas, que són 14,40 o ferrado (16 x 0,90), e o ano anterior eran 11,20; pois no straperlo estaba a 225 pesetas o ferrado. (Máis de 14 pesetas o kilo).


ANÉCDOTAS.

Dicía que a metade do cupo de entrega de Ames era dos productores de Tapia e Seárez, e é curioso que os tres alcaldes daqueles primeiros anos fosen Martiz de Tapia, (que era o que tiña o maior cupo de entrega); Blanco Framil de Cruxeiras, e Nicolás del Río, mestre de Seárez. No medio estivera Pepe da Canela, que non durou máis alá de 6 meses (os alcaldes eran nomeados polo Gobernador Civil, pero a proposta do Secretario da Camara Oficial Agraria de A Coruña, Alfonso Mariño). ¿Casualidades?


Outra era que á Comisaría citada, os labradores chamábanlle "o ladroizo", porque o ferrado de millo a eles nunca lle daba os 16 kilos, e aos consumidores tampouco os 16 kilos lle enchía o ferrado.

¡Por eso aos do meu tempo se lle poñen os pelos de punta cando oen que hai que oficializar certos servicios!

 
 
 

Comentários


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page