top of page

SOBRE MIN

Ségueme no Facebook

Nacín na aldea de Lamas (Ames), o 26 de Xuño de 1927. Casei en 1951 con Carmen Illodo Rei, con quen tiven 4 fillos. Temos 14 netos e 7 bisnetos. Desde aquela vivín sempre en A Lagoa, en Tapia, Ames, A Coruña.

 

Empecei aos 4 anos a ir a escola de a ferrado, na casa da fábrica de Santo Tomé de Ames e continuei na de Cerdeiras ata 1941. Entre os anos 1947 ­e 19­49 estudiei, por libre, na Escuela Social, na Universidade de Santiago, obtendo o Diploma de Graduado Social; anos que alternei coa mili e cos estudios das Milicias Universitarias, licenciándome de Alférez en Toledo no ano 1950.

 

Colaborei con varias Entidades como Concelleiro en Ames e Vocal da Cámara Agraria. Fun secretario da Mutua gandeira e da Cooperativa de Ames que promoveu a Concentración Parcelaria. Vocal na Coruña e en Madrid da Unión de Cooperativas. Presidente da Mutualidade Agraria Provincial e Vicepresidente do Instituto Nacional de Previsión en A Coruña; presidente da

Mesa da carne e de AGAPIC (Asociación dos Produtos Galegos con Indicativo de Calidade) e outras.

 

Actualmente, son Cronista Oficial do Concello de Ames.

 

A miña vida profesional transcorreu sempre no sector gandeiro. Dende os inicios na explotación agraria de meus pais en Lamas, transformación da explotación de meus sogros en granxa leiteira; Cooperativa de Explotación Comunitaria de Tapia, como traballador, Secretario, Xerente e Presidente; Co­fundador, Secretario e Xerente de Feiraco; Delegado de compras da Multinacional láctea Reny Picot, e Fundadador-Presidente de Ternera Gallega.

 

Editei 2 libros: "LEMBRANZAS. Una vida en el campo gallego" e "OS MUIÑOS DE RIAMONTES. Contos da miña aldea"; e estou a punto de editar un terceiro: "VISTO DESDE A ALDEA. aquela xentiña eramos así".

 

Son Comendador da Orden do Mérito Agrícola; Medalla de Bronce de Galicia e Medalla de Ouro da Fundación Amigos de Galicia. Teño as insignias de ouro e esmalte de Feiraco, Ternera Gallega e Semana Verde; a folla de Plata do Alvariño e Placa da Cámara Agraria de Salamanca, entre outras.

  • Grey Facebook Icon
Temas
Os meus libros

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page