top of page

Rosalía de Castro

  • amesdesdealagoa
  • 7 ene 2016
  • 2 Min. de lectura

Fotos: A casa de a Tarroeira, Ortoño, Ames, A Coruña, onde se criou Rosalía; e a nena coa vaca, que refrexa xustamente a súa crianza.

Noutro traballo diciamos que Ames e Brión estaban en débeda coa ilustre poetisa, porque entendemos que a súa crianza nestes dous concellos marcou a traxectoria da súa obra; e son outros lugares, a quen non se lles debe tampouco negar que ela lle dou moitas glorias, os que se vanaglorian da súa universalidade.


Nas dúas fotos que expoñemos dan perfectamente a vida dos rapaces daqueles tempos. A casa era podente; pero precisamente os nenos das casas ricas da aldea eran os tiñan que perder a escola porque había que ir coas vacas, porque a labranza tiña que producir para ter, e dar.


Podémolo testimoniar aqueles que, despois dun século que non progresou absolutamente nada, só guerras e loitas intestinas; aqueles, repito, que 90 anos despois pisamos as mesmas cañeiras, os mesmos carreiros, as mesmas cortiñas, as mesmas leiras... nas "orillas" do Sar ou dos afluentes que o engrosan.


Rosalía tiña que estar pensando en Ortoño cando escribíu "As campanas de Bastabales", os "Cantares Gallegos", a "Vella xorda"... que subía a Costa do Mar de Ovellas, pedindo esmola polas casas dos montañeses farturentos; alcume que lle tiñan os de Ortoño aos de Ames, Covas, Tapia e Piñeiro.

Cando a súa amiga Fernán Caballero lle chamaba o "Ruiseñor de Galicia". Tamén cando se queixaba das duras e pésimas condicións baixo as que se encontraba a sociedade rural galega: o maltrato e a explotación dos galegos fóra do país, a emigración, o abandono de Galicia, reivindicando a xusticia social...


Daquela nin a Tarroeira nin Bertamiráns era o centro do Concello. A capital era Aguapesada que estaba pegada ao Camiño Real; a vía de comunicación máis importante que atravesaba a comarca.

 
 
 

Comentarios


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page