top of page

As mutuas gandeiras

  • amesdesdealagoa
  • 15 dic 2015
  • 2 Min. de lectura

Fotos: Unha vaca que parece que está implorando algo de Ceo, e un par de bois ó carro.

Dentro do movemento dos sindicatos Católico-Agrarios e a implantación do cooperativismo, naceron tamén as mutuas gandeiras. Nos anos de 1930 fundáronse en Ames 2 mutuas que chegaron a adquirir bastante importancia.

1ª.- A de Ortoño, Covas, Bugallido e Biduido que aseguraba o gando vacún e o porcino. Era de prima fixa.

Recordo eu a algúns dos fundadores: o Sr. Ferro de Ortoño, o Sr. Calvo de Quistiláns, Camilo Carballal de Ferminstáns, Ribeiro e Cebei de Covas, para min, os vellos. Despois chegaron Lorenzo e Serafín Rico Villar de Bugallido e Reino Salaño de Ortoño... con estes xa eu alternei no Concello e na Hermadad de Labradores e Gandeiros.

Teño un recordo para o Sr. Calvo que coincidimos de concellais, contoume que él xa coincidira, de concelleiro, a principios de 1900, con meu bisavo José García Silva, de Vilar, Ames.


2ª.-"Protectora de Ganados de Barouta y sus contornos". que amparaba, igualmente, o vacún e porcino das parrquias de Ames e Tapia. Tiña a sede na Alfóndega de Barouta. Era de pago proporcional, Abonábase o sinistro no momento que acaecía.

Fundárona os da Comisión que levava a promoción da feira do 4º miércoles de cada més en Barouta. Rexíanse por unha Directiva elexida por votación nas Asambleas Xerais que se celebraban o 2º domingo de Xaneiro de cada ano. Nombrábase Presidente, Secretario, Tesorero e Vocales. En Ames había un Vocal por aldea. Para facer as tasacións designábannse 2 Vocales cuxas valoracions eran irrebocables. Ían sempre acompañados do Secretario que tomaba as notas e compoñía o listado definitivo, que certificaba.


O porcino revisábase cada dous meses e facíase casa por casa. En vacún a revisión era trimestral concentrando as vacas e as parexas de bois.nos sitios de costumbre, onde se facía a valoración públicamente. As crías non se aseguraban.


Se o animal morría ou partía unha perna abonábase o valor total. Se se entregaba por enfermedade descontábaselle un 20%. Se perdía un corno, un ollo ou se escrocaba aboábase un 20% e o propietario quedaba coa res. A moitos extrañaralle o abono dos cornos. En gando de traballo os cornos tiñan a súa importancia. Eran, por exemplo, a través do xugo, o freno do carro...


E termino con un verso de Don Oscar Lojo Batalla, para ver o importante que era o gando:

- Ó ferreiro de Angrois, - Escrocóuselle un boi. - O vello na cama a bufadas coa morte. - O fillo, o criado e o albeite, na corte.

 
 
 

Comments


Artigos Destacados
Tag Cloud

© 2016.Desarrollado por Fernando Viaño

bottom of page